Modelo de declaración responsable

Elaboramos este modelo de declaración responsable, con redacción diferente ao proposto pola Administración educativa xa que entendemos que non son adecuados a dereito os termos da redacción do modelo ofrecido polas autoridades educativas.

O modelo ofrecido pola Consellería de Educación inclúe a responsabilidade de facer estimacións sobre síntomas COVID que non son directamente medibles (como pode ser a temperatura corporal), senón simplemente estimativa (como é valorar «tos seca»), algo para o que os únicos que están capacitados e poden facer avaliacións son os profesionais médicos.

Deste xeito animámosvos a que enviedes un novo modelo de documento, que substitúa a delaración asinada previamente, atendendo a que é imposible para os pais acreditar ou non a detección de sintomatoloxía COVID 19 non obxectiva.