Procedemento para bolsas de comedor da FANPA para o curso 2020-2021

(15/10/2020) Tal como informamos, comunicouse hoxe a resolución dos beneficiarios das bolsas de comedor da FANPA. A comunicación faise directa e persoalmente a cada seleccionado.
As solicitudes que non foron seleccionadas para as bolsas poden enviar un correo a ACTIVIDADES@NONTEDURMAS.ORG se queren que se faga unha revisión da súa puntuación.

——————

Solicitudes: do 5 ao 9 de outubro.

REQUISITOS DOS SOLICITANTES:

  • Estar empadroado no Concello de Pontevedra, e convivir cos menores para os que se solicita a beca de comedor. Os menores deben estar matriculados nun centro público do concello de Pontevedra que conte co servizo de comedor xestionado pola FANPA.
  • Non ser membro da xunta directiva da ANPA dun dos centros con servizo de comedor xestionado pola FANPA.
  • Non ter situación de impago coa empresa que presta o servizo de comedor, nin coa FANPA.
  • Non ter sido beneficiario de beca de comedor máis de dous anos consecutivos por parte da FANPA.
  • Non contar cuns ingresos per cápita superiores ó 100% do IPREM.

De non cumplir con algún dos requisitos esixidos a solicitude quedará excluída.

A FANPA resérvase o dereito a solicitar documentación complementaria que xustifique a situación declarada polos solicitantes.

CRITERIOS DE VALORACIÓN:

  1. SITUACIÓN LABORAL DOS PAIS OU TITORES LEGAIS

SituaciónPuntuación

FAMILIAS CUN SÓ PROXENITOR OU UN SÓ TITOR LEGAL
A.1Familia dun só proxenitor en situación de desemprego0
A.2Familia dun só proxenitor en situación activa10

FAMILIAS CON DOUS PROXENITORES OU TITORES LEGAIS
A.31 só proxenitor ou titor legal con emprego4
A.4Dous proxenitores con emprego10
A.5Ambos proxenitores en situación de desemprego0
-Situación laboral-
  1. SITUACIÓN ECONÓMICA DA UNIDADE FAMILIAR DE CONVIVENCIA

Para o cálculo desta puntuación terase en conta os ingresos brutos anuais de tódolos integrantes da unidade familiar de convivencia. Terase en conta ós cónxuxes ou titores legais ou parellas de feito, fillos maiores ou menores de idade, ascendentes dos cónxuxes que convivan, así coma outras persoas con lazos familiares que convivan cos menores para os que se solicita a beca.


Situación económica da unidade familiar de convivencia. Renta per cápita anual*
Puntos
B.1< 50% do IPREM anual0
B.2< ou igual ó 50% do IPREM e menor ó 60%10
B.3< ou igual ó 60% do IPREM e menor ó 70%8

B.4
< ou igual ó 70% do IPREM e menor ó 80%
6
B.5< ou igual ó 80% do IPREM e menor ó 90%4
B.6< ou igual ó 90% do IPREM e menor ó 100%2
-Situación económica-

*Renta per cápita: Ingresos brutos anuais da unidade familiar de convivencia, dividido entre o número de membros da unidade familiar.

**IPREM

Tal y como recoge en el Boletín Oficial del Estado, de Presupuestos Generales del Estado para el año 2019 (Disposición adicional octogésima cuarta), los valores del IPREM quedan fijados para 2017 y prorrogado para los años 2018 y 2019 en los siguientes valores.

  • IPREM anual: 6454,03 euros/año

LEY 3/2011, de 30 de junio, de apoyo a la familia y a la convivencia de Galicia.

Artículo 13. Concepto.

A efectos de la presente ley, se entiende por familia monoparental el núcleo familiar compuesto por un único progenitor o progenitora que no conviva con otra persona con la que mantenga una relación análoga a la conyugal y los hijos o hijas menores a su cargo, siempre que el otro progenitor o progenitora no contribuya económicamente a su sustento.

  1. SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR DA UNIDADE DE CONVIVENCIA DO MENOR

SituaciónPuntos
C.1Incompatibilidade cos horarios de comedor por cuestións laborais.4
C.2Familias numerosas2
C.3Persoa da unidade familiar que compute para o cálculo do IPREM cun certificado de discapacidade superior ou igual ó 33%2
C.4Menor para o que se solicita a beca cun certificado de discapacidade superior ou igual ó 33%2
C.5Ter disfrutado dous anos ou máis de beca de comedor xestionada pola FANPA0
C.6Ter disfrutado de beca de comedor xestionada pola FANPA menos de dous anos2
-Situación socioeconómica-

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

As becas concederanse ás familias con maior puntuación de cada centro, ata agotar 3 becas por centro. O resto de familias quedarán en lista de espera por centro ordeadas de maior a menor puntuación. Para poder atender a máis familias a FANPA poderá decidir dividir algunhas becas completas en dúas de 3 días á semana.

De chegar solicitudes de situación que teñan lugar despois do prazo de presentación, incluiranse na lista de espera de cada centro según a puntuación alcanzada no lugar que lles corresponda.

No caso de empate en puntuación, terase en conta a maior puntuación obtida no apartado B, en segundo termo a puntuación do apartado A e en derradeiro lugar o apartado C.

PRAZOS

O prazo para a entrega de documentación será do 5 ao 9 de outubro. As bolsas resolveranse o día 15 de outubro. Avisarase por teléfono ás familias ás que lles foi concedida a bolsa.
Comezarán no servizo de comedor o día 19 de outubro.
Xunto coa documentación teñen que entregar a ficha de comedor debidamente cuberta.
Só se puntuarán as condicións que sexan acreditadas documentalmente coa solicitude.
Non se permite a entrega de documentación fora de prazo.

DOCUMENTACIÓN:

Folla de solicitude (ficha de inscrición no comedor)
Descargar a ficha de inscrición para Pontevedra en PDF editable

  • Padrón municipal de habitantes conxunto.
  • Documento que acredite onde está matriculado o neno.
  • Certificado da ANPA do centro de non pertencer á xunta directiva (ou declaración xurada do solicitante e permiso para consultar coa ANPA).
  • Derradeira declaración da renda e certificado da seguridade social onde figure a situación actual laboral ou de prestación de pensión ou subsidio.
  • En base ó padrón conxunto, documentación que acredite os ingresos dos membros da unidade familiar para calcular a renta per cápita. (declaración da renda de cada membro).
  • Familia monoparental, documento que acredite a falta de aportación económica por parte do outro proxenitor.
  • Certificado da empresa onde se indique o horario de traballo.
  • Certificado de familia numerosa.
  • Documento do recoñecemento da discapacidade superior ó 33%.

A FANPA poderá pedir documentación adicional para clarificar calquera aspecto da solicitude.

O cambio nalgunha das situacións acreditadas suporá a reavaliación da beca.

O incumprimento das normas de comedor así coma as ausencias inxustificadas reiteradas suporá a perda da beca.