FANPA convoca asembleas xerais ordinaria, extraordinaria e proceso electoral do 2021

A Federación Provincial de ANPA de Pontevedra convoca asembleas ordinaria e extraordinaria o vindeiro día 19 de xuño de 2021 a partir das 10.00 horas no CEP Campolongo da cidade de Pontevedra.

Convocatoria de asemblea ordinaria

Orde do día: contas, memoria de actividades e orzamentos dos anos 2020 e 2021
Hora: 10:00

Descarga

Convocatoria de asemblea extraordinaria

Orde do día: candidaturas e eleccións á Xunta Directiva
Hora: 11:00

Descarga

Procedemento de presentación de candidaturas

Prazo límite: 11/06/2021, ás 14:00 h para as candidaturas conxuntas e 18/06/2021, ás 14:00 h para candidaturas individuais.

Descarga

A documentación complementaria enviarase ao enderezo correo electrónico declarado oficial a todas as ANPA socias e ademais está á vosa disposición para a súa consulta na sede das oficinas da FANPA

Acreditacións

As acreditacións podedes envialas previamente á xornada de asemblea por correo a info@nontedurmas.org co título: “Acreditacións da ANPA [nome da anpa]”  e logo presentar os orixinais o día propio ou que os delegados asistentes presenten o orixinal o mesmo día de realización das asembleas.

Alternativamente, podedes envialas directamente a través do formulario que hai ao final desta información e que tampouco substitúe á presentación de orixinais o día da asemblea.

Formulario en liña para enviar acreditacións á asemblea xeral da FANPA (19/06/2021)

Preferentemente en PDF

Se soamente vai vir o/a presidente dunha ANPA como delegado, non é necesario nomear delegados especificamente e, por tanto, non é necesario convocar Xunta Directiva da vosa ANPA. Con presentardes o certificado do secretario da ANPA que acredita o/a presidente chega.

——
Nota de web: calquera aviso ou actualización ata o día das asembleas serán publicados nesta mesma páxina
——

As asembleas terán lugar no CEP Campolongo (Rúa Xeneral Rubín, 3 de Pontevedra) e comezarán a partir das 10.00 h en primeira convocatoria. Está previsto que a xornada remate antes das 14.00 h.

icon-car.png
CEP Campolongo

cargando mapa - por favor, espere...

CEP Campolongo 42.428077, -8.646417