Este sábado, Asemblea Xeral ordinaria da FANPA

Este sábado, a partir das 10.00 h terá lugar a Asemblea Xeral ordinaria da FANPA.
Mañá, día 1, remata o prazo de presentación de acreditacións, que se deben enviar a secretaria@nontedurmas.org

Por primeira vez, habilítase a posibilidade de difusión e participación telemática na Asemblea mediante videoconferencia, para o cal os responsables das asociacións asociada á FANPA recibiredes unha ligazón de conexión a través do correo electrónico oficial que teñades rexistrado coa Federación.

Con esta ligazón poderase recibir o desenvolvemento da reunión e tamén se facilita a participación, de modo que se poderán expresar opinións ou preguntas pero, coa limitación de non poder votar, debido á que non hai habilitado ningún procedemento de voto telemático.

Aquí tedes a Orde do día e o modelo de acreditación para a sesión presencial.