Comunicado das familias de Confapa-Galicia sobre o borrador do protocolo da COVID-19 nos centros escolares
Comunicado no que manifestamos a nosa opinión sobre o protocolo contido no borrador que se someterá á aprobación da mal chamada mesa sectorial, xa que as familias non estamos representadas por ninguén; o que indica o ninguneo da nosa imprescindible achega.
A escola non sería o que é se as ANPAS non xestionasen madrugadores, comedores e actividades extraescolares, asumindo funcións e responsabilidades que cando menos deberían ser recoñecidas pola Administración.
Reclamamos, polo tanto, o noso dereito a ter opinión nas medidas que se vaian adoptar nos centros escolares.
DESCARGAR O COMUNICADO PARA DIFUSIÓN LIBRE
Contacto para as ANPA e medios:
Rogelio Carballo Solla, presidente 679 486 556
Lola Blanco Sanguiñedo, secretaria 627 556 252