Charla informativa sobre LOPD NAS ANPA

Estimadas Xuntas Directivas desexamos que teñades pasado un bo verán e veñades con forzas renovadas, tal e como falamos na derradeira asemblea da FANPA, convocamos previo inicio do curso 2012/13 unha charla informativa sobre a inscrición e actualización da LOPD  das ANPA o venres sete de setembro.

A charla será impartida pola Xunta Directiva da ANPA JOAQUÍN COSTA do CEIP ÁLVAREZ LIMESES DE PONTEVEDRA, que son especialistas no citado tema, a duración será aproximadamente de dúas horas de 17:30 a 19:30 no Centro Social do Gorgullón.

Sendo coñecedores das dificutades que to@s pais/nais temos, ofertamos servizo de ludoteca para que poidades traer @s nen@s, É PRECISO INSCRICIÓN PARA O CURSO E A LUDOTECA, O PRAZO LÍMITE SERÁ O MÉRCORES 5 DE SETEMBRO.

Podedes anotarvos tanto por correo ou teléfono, esperamos sexa do voso interese.

Coma sempre agradecemos a vosa colaboración.

Xunta Directiva FANPA-PONTEVEDRA