CEAPA publica modelos de documentos de xustificación cara a folga do 26 de outubro
1. Son un modelo pedagóxico arcaico. As reválidas son a expresión dun modelo pedagóxico baseado nunha sucesión continua de exames configurados como barreiras que pretenden impedir á maior cantidade posible de alumnado que poida exercer o dereito á educación. Foron eliminadas no noso país en 1970 por ser consideradas unha nefasta práctica que impedía a permanencia na educación da maioría do alumnado.
2. Os nosos fillos e fillas quedan fóra do sistema educativo. As reválidas terán como consecuencia directa que unha boa parte do alumnado, aínda que teña todos os cursos superados, quede fóra do sistema educativo. Sen títulos aos que ten dereito, o seu futuro académico e laboral verase gravemente afectado.
3. Deslexitiman ao docente. As reválidas supoñen a deslixitimación do docente e o cuestionamento total da súa avaliación continua. A súa función queda minusvalorada e posta en cuestión ata que un exame externo corrobore, se é que o fai, que a súa avaliación é correcta. Ademais, fan empregar un tempo valioso na súa preparación, obrigando a desvirtuar os obxectivos primordiais da educación.
4. Son realizadas por persoas alleas aos nosos fillos e fillas. As reválidas serán realizadas por persoas que non coñecen en absoluto ao alumnado que avaliarán, xerando ademais unha tensión innecesaria a quen sometan ás probas porque se xogarán todo con elas. Quen as realice non poderá saber nin valorar o seu progreso educativo, o esforzo de moitos anos de estudo, as circunstancias persoais que os fan especiais en moitas facetas da súa vida que non serán avaliadas en absoluto,…, e a pesar diso, a nota que saquen determinará o seu futuro. Estas probas poden tirar ao lixo o traballo dun mínimo de 13 anos para o título da ESO e de 15 para o de Bacharelato.
5. Negáselles unha titulación aos nosos estudantes. As reválidas son un método de negación da titulación que non existe ao finalizar a Educación Secundaria Obrigatoria en ningún país da nosa contorna do que tomar bo exemplo. Nestes países tampouco ao finalizar o Bacharelato se lle nega o título, a quen superase todos os seus estudos, nin o acceso a estudos superiores.
6. Frean o acceso ao Bacharelato e á Universidade. As reválidas só teñen un obxectivo, impedir que acceda ao Bacharelato e logo á Universidade unha porcentaxe tan alta como na actualidade. Forma parte do recorte do dereito á educación pública e do ataque ao noso precario Estado do Benestar.
7. Están cuestionadas por toda a Comunidade Educativa. As reválidas foron cuestionadas seriamente por todos os sectores da Comunidade Educativa, así como por moitos gobernos autonómicos e a inmensa maioría dos responsables políticos. Só quen forman parte do Goberno actual, e o partido que o sustenta, insisten en impor antidemocraticamente estas probas externas.
8. Buscan un negocio para uns poucos. As reválidas permitirán un suculento novo negocio para empresas que se queiran dedicar a presentarse a concursos para que lles encarguen a súa realización. É só mero negocio para uns poucos á conta do sufrimento dunha parte importante da sociedade.
9. Son precarias e sen tempo de preparación. As reválidas, ademais, nin tan sequera foron desenvolvidas a tempo para que o alumnado saiba de que se lle examinará, nin para que o profesorado saiba como axudarlle. Son unha auténtica chapuza lexislativa que xera indefensión e inseguridade xurídica ao alumnado.
10. Loitamos pola educación das nosas fillas e fillos. As reválidas ponnos ante unha disxuntiva: ou defendemos os dereitos dos nosos fillos e fillas, ou poida que teñamos que pedirlles desculpas toda a vida por non facelo. Asegúrate de ter unha boa resposta se che din: que fixeches ti para evitalo?
Ou
CONSEGUIMOS A SÚA DERROGACIÓN, OU CANDO CHEGUE A DATA FARANSE, AÍNDA QUE LOGO AS ADMINISTRACIÓNS AUTONÓMICAS NOS PIDAN DESCULPAS POR NON PODER EVITALAS
O 26 DE OUTUBRO FAGAMOS FOLGA BALEIRANDO AS AULAS. #NOALASREVÁLIDAS
Modelos en galego de CONFAPA-GALICIA
Prezados membros das Xuntas Directivas.
Ante a aparición de notas de advertencia” nalgún centro sobre as “responsabilidades” das nais e pais na xornada de protesta pola
implantación da LOMCE, temos que precisar algúns detalles
– Chamámoslle folga porque se trata de utilizar a inasistencia dos alumnos como expresión, como signo de protesta ante a imposición das
reválidas como aspecto concreto respecto da protestada LOMCE.
Os alumnos non fan folga porque ese é un dereito “laboral”. Os profesores que a apoian, si.
– As nais e pais, en exercicio dos nosos dereitos cívicos e como tutores de menores temos dereito en calquera caso a tomar esta acción,
naturalmente baixo a nosa responsabilidade. É un dereito democrático, positivo e pon en valor precisamente a responsabilidade e preocupación
dos pais. Aínda que non lle conveña ao Goberno.
– O dereito dos nosos fillos a manifestar a protesta por este medio está recollido xa na LOE do ano 1985 da seguinte maneira:
Artigo 8
…los centros educativos establecerán, al elaborar sus normas de
organización y funcionamiento, las condiciones en las que sus alumnos
pueden ejercer este derecho. En los términos que establezcan las
Administraciones educativas, las decisiones colectivas que adopten los
alumnos, a partir del tercer curso de la educación secundaria
obligatoria, con respecto a la asistencia a clase no tendrán la
consideración de faltas de conducta ni serán objeto de sanción, cuando
éstas hayan sido resultado del ejercicio del derecho de reunión y sean
comunicadas previamente a la dirección del centro.
– Este dereito foi ratificado e ampliado, no sentido de que para os maiores de 14 anos non se necesita consentemento paterno, pola
sentenza do Tribunal Supremo que recoñece “NO CABE SOMETER A AUTORIZACIÓN PREVIA DE LOS PADRES EL DERECHO DE LOS ALUMNOS A PARTIR
DE 3º DE LA ESO DE DECIDIR COLECTIVAMENTE LA INASISTENCIA A CLASE.”
http://estaticos.elmundo.es/documentos/2015/01/12/supremo.pdf
– Este dereito á inasistencia está en Galicia desenvolvido polo Decreto 8/2015 referido á Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e
participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar:
Artículo 18. Normas de organización y funcionamiento
3. Establecerán los procedimientos de comunicación a las familias de
las faltas de asistencia del alumnado a las clases y las
correspondientes autorizaciones o justificaciones para los casos de
ausencia cuando estos o estas sean menores de edad no emancipados/as.
En resumo,
– Os maiores de 14 anos, a partir de 3º de ESO teñen dereito a decidir por si mesmos e de maneira colectiva non asistir como medio de
protesta (lembramos a convocatoria do Sindicato de Estudantes). Aínda así, é conveniente xustificar a súa ausencia.
– No resto dos casos, os menores poden non asistir, a criterio das nais e pais
– Recoméndase remitir unha comunicación individual de cada un dos nosos fillos na que os pais xustifican a súa inasistencia, conforme os
modelos elaborados para que aínda que o centro queira facer constar a falta de asistencia, non poidan ser obxecto de sancións, xa que
estaría xustificada.
– Recoméndase que as propias ANPA remitan unha comunicación ao Centro no sentido de solicitar que non se realicen “avances” nin exames de
materia ese día, en respecto ao dereito de participación nesta convocatoria.
– Non é en absoluto necesario que o centro nos “lembre” que somos responsables dos nosos fillos e que o centro non se responsabiliza das
súa participación en concentracións ou manifestacións fóra do centro escolar.
P.D
Lembramos que o Congreso acaba de rexeitar o veto do Goberno e que seguirá tramitando a suspensión da LOMCE
Axencia EFE (Axencia oficial de noticias de España)
http://www.efe.com/efe/espana/sociedad/el-congreso-tramitara-la-suspension-de-lomce-pese-al-veto-del-gobierno/10004-3070870