Asemblea xeral ordinaria da FANPA 2019
Descargar a orde do día e os anexos
[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/04/2019-04-27-Convocatoria-asemblea-xeral-ordinaria-FANPA.pdf” title=”2019-04-27 Convocatoria asemblea xeral ordinaria FANPA”]Acreditacións
(máis abaixo publícase para descarga o modelo en varios formatos editables)
As acreditacións podedes envialas previamente á xornada de asemblea por correo a info@nontedurmas.org co título: “Acreditacións da ANPA [nome da anpa]” e logo presentar os orixinais o día propio ou que os delegados asistentes presenten o orixinal o mesmo día de realización das asembleas. Alternativamente podedes envialas directamente a través do formulario que hai ao final desta información e que tampouco substitúe á presentación de orixinais o día da asemblea.
Se soamente vai vir o/a presidente dunha ANPA como delegado, non é necesario nomear delegados especificamente e, por tanto, non é necesario convocar Xunta Directiva da vosa ANPA. Con presentardes o certificado do secretario da ANPA que acredita o/a presidente chega.
Acreditación en formato .PDF || Acreditación en formato .ODT (Libreoffice)
As asembleas terán lugar no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Pontevedra, situada na rúa Alfonso XIII da cidade de Pontevedra e comezarán a partir das 10.00 h en primeira convocatoria.
Está previsto que a xornada remate antes das 14.00 h.
Nota de web: calquera aviso ou actualización ata o día da asembleas será publicados nesta mesma páxina.
Debe estar conectado para enviar un comentario.