PO2 comeza co apoio da FANPA

As escolas UNESCO, as asociacións de veciños, o Concello de Pontevedra e a FANPA apoiamos o programa PO2 de sensibilización ambiental contra os efectos do cambio climático. Este programa durará durante todo este curso académico e comezamos xa este venres 27 cunha concentración na Praza da Peregrina ás 12.00 horas á que animamos a todos a participar… e non tardaremos en activar máis iniciativas encol deste problema.