Educación retoma con 525 prazas o programa de estadías de alumnos de Bacharelato no estranxeiro para a formación lingüística
Tras o parón desta iniciativa pola pandemia volven convocarse as axudas da Estratexia de Educación en Linguas Estranxeiras, Edulingüe 2030. A convocatoria é competitiva, polo que se realizará unha baremación.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade sufragará entre o 87% e o 50% do custe das estancias dos estudantes para a mellora das súas competencias nos idiomas inglés, francés e portugués.
O prazo para tramitar as solicitudes permanecerá aberto ata o 28 de febreiro, e poderán formalizarse a través da sede electrónica da Xunta, ou no Portal Educativo. http://www.edu.xunta.es/axudasle .
Trátase de estadías de tres semanas en réxime residencial ou familiar en Reino Unido, Francia, Portugal e Canadá no período estival. No caso do alumnado de 1º de Bacharelato, ofértase tamén a estadía de integración nun centro educativo canadense ao inicio do curso 2022-23, cunha duración de catro semanas.
