Educación e concellos repártense o fornecemento de material aos alumnos por niveis educativos
A Consellería de Educación, que é quen ten as competencias administrativas, propón no CECOP un acordo de colaboración cos concellos en materia de apoio educativo cos concellos interesados co fin de aproveitar as sinerxías, evitar solapamentos entre administracións e acadar a máxima cobertura do servizo no ámbito da atención educativa. (Nota de prensa: Xunta e Concellos colaborarán para a mellora da conectividade e a dotación de recursos tecnolóxicos no eido educativo)
Entre estes acordos, un par deles teñen especial importancia no ámbito da Educación:
a) Préstamo ou reparto de equipamento informático e de conexión: O Goberno galego atenderá prioritariamente ao alumnado de ESO, Bacharelato e FP. Os concellos interesados darán prioridade ao alumnado de Infantil e Primaria
b) Material escolar: Os centros educativos poderán solicitar a colaboración de Protección Civl ou da Policía Local para efectuar as entregas ou reparto do material escolar depositado nos centros.
Recollemos un extracto do punto exacto da resolución que afecta ao noso sector.
[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2020/04/Acordo_equipos.pdf”]