Curso “Criar felices”
Dende a Concellería de Benestar Social, dirixida por Marcos Rey, é sabido que a educación é un instrumento poderoso que permite á infancia e á adultez atopar un lugar na sociedade, saír de situacións de vulnerabilidade e participar plenamente na vida en comunidade.
Toda familia en sí é un contexto educativo atopándonos con múltiples patróns centrándonos nas que dispoñen de menos recursos xa que é responsabilidade dos poderes públicos apoialas coas medidas adecuadas fomentando a conciliación e a corresponsabilidade entre homes e muller para que todas/os teñan unha garantía de igualdade de oportunidades xa que, independientemente do modelo de familia, exista un pilar fundamental para a individualidade e un lugar privilexiado para a educación, a protección e a seguridade.
O curso “CRIAR FELICES” ten como obxectivo reducir os niveis de estrés das NAIS e dos PAIS ou das/os COIDADORAS/ES na crianza de fillos en idade entre 0 e 6 anos na busca do correcto desenvolvemento infantil adaptándonos ao novo rol para coidar da saúde emocional das mamás e dos papás sen renunciar aos intereses propios e buscando fundamentos estables nas familias.
O curso é DE BALDE.
A duración do curso serán 12 sesións do 3 de novembro ao 20 de decembro.
Haberá 2 quendas:
– N.º PARTICIPANTES POR QUENDA: Máximo 10
– QUENDA MAÑÁN: Luns e mércores. 10.30 a 12.00
– QUENDA TARDE: Luns e mércores. 16.30 a 18.00
– Lugar: SALA VALDECORVOS da Casazul (Rúa Sor Lucía, 2)
*** Acéptanse inscrición unha vez iniciada a actividade
Inscricións: 607 323 458 ou no mail MARTA@FUERADECAJA.ES