Borrador das Bases das axudas municipais para compra de portátiles para alumnos de Primaria e Secundaria

Hoxe tivo lugar no Concello de Pontevedra unha reunión virtual na que se deron a coñecer –aínda en borrador– as esperadas axudas que se encadran no Plan de reactivación económica “Supera” como apoio á saída da crise:
NOVO BORRADOR
BORRADORCONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS ÁS FAMILIAS CONALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA OBRIGATORIA, BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA, FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO OU EDUCACIÓN ESPECIAL DE CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA COMPRAR EQUIPOS INFORMÁTICOS.
– Contía total de 400.000 € para o ano 2021, cunha reserva de 50.000 € para aplicar na posible lista de agarda.
– Destinados a alumnado de Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP Básica e Media e Educación Especial.
– Establécese unha contía individual de cada axuda de 400,00 euros por estudante menor de idade ata o límite de 2000€ por unidade familiar. A axuda poderá cubrir o 100% do custo do equipamento.
– Só se subvencionará a compra do seguinte equipamento informático:
a) ordenadores portátiles
b) ordenadores de sobremesa. Subvencionarase a compra dos anteriores dispositivos dixitais que fose realizada e pagada entre o 14/03/2020 e o 31/12/2021.
O criterio para poder acceder a estas axudas baséase na renda:
Determinarase que a orde de preferencia das solicitudes presentadas será a renda per cápita da unidade familiar de convivencia do ano 2019.
LÍMITES DE RENDA (no actual borrador)
MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR // IMPORTE MÁXIMO ANUAL
2 15.960,00€
3 23.940,00€
4 31.920,00€
5 39.900,00€
6 47.880,00€
7 55.860,00€
8 63.840,00€
9 71.820,00€
10 79.800,00€
Para os efectos destas bases, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio 2019 entre o número de membros computables.
A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do
imposto sobre a renda das persoas físicas.
Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460).
No caso de non existir datos dos ingresos da unidade familiar, computarase como mínimo familiar o equivalente ao subsidio básico da RISGA.
A previsión do concelleiro de Educación, Tino Fernández, é que se aproben durante este mes. O prazo de solicitude será de 1 mes a partir da publicación desta convocatoria no BOP.
Debe estar conectado para enviar un comentario.