XI Edición do Certame de Relato Curto

A FANPA (Federación de Asociacións de nais e pais de Centros Educativos Públicos da provincia de Pontevedra) organiza o XI Certame de Relato Curto para a provincia de Pontevedra. Este certame está especialmente enfocado á participación familiar pois hai tanto categorías para os e as rapazas como para pais, nais e adultos. Ao final, coma nas pasadas edicións publicaremos un libro cos 120 relatos gañadores e finalistas. A prestixiosa editorial Kalandraka é a encargada da edición en soporte libro.

Os principais obxectivos son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso da lingua galega nas familias, facilitar as posibilidades de publicación aos mozos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as e crear un espazo común e familiar para a creación literaria.

Agradecemos que lle deades a máxima difusión polos medios que consideredes máis efectivos para que chegue a todo o alumnado e ás súas familias.

Engadimos unha copia das bases e a ligazón ao web do Certame, onde se atopa o formulario que se debe utilizar para enviar os relatos participantes:

http://certame.nontedurmas.org

O prazo para recibir a vosa participación nunha nova edición, a décimo primeira, do certame literario de relato curto da FANPA está aberto desde o día 8 de xaneiro ata o día 31 de marzo, a través do formulario en liña

https://blogs.nontedurmas.org/certame/2024/12/03/formulario-de-participacion-xi-edicion/

A madriña desta edición é a escritora Paula Carballeira

Nota biográfica: Como dramaturga, recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática do ano 2023, o Premio Follas Novas na categoría de Teatro no ano 2023, o premio Laudamuco de Textos Teatrais no ano 2022, o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil os anos 2006, 2011 e 2018, foi Mención do Xurado no III Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural e finalista do Premio ASSITEJ (Sección española da Asociación Internacional de Teatro para a Infancia e a Xuventude). Ten máis de trinta libros publicados (álbum ilustrado, narrativa, poesía, teatro, ensaio) moitos deles traducidos a varias linguas: inglés, italiano, coreano, turco, alemán, chinés, portugués, catalán, éuscaro… algúns deles premiados e a maioría pensados tamén para a infancia e a xuventude.
En 2023, foi Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura e Deporte, pola obra As alumnas.

As bases do certame e o seguimento do calendario de entrega así como os relatos premiados e o libro publicado de cada edición das anteriores están dispoñibles no web específico do X Certame:

http://blogs.nontedurmas.org/certame/

Como ilustrador a saudamos a composición orixinal de Federico Fernández para a edición do cartel que servirá para  para promocionar a participación nesta XI Edición.

Federico Fernández naceu en vigo en 1972, é licenciado en Belas Artes, na especialidade de Pintura, pola Universidad de Vigo. Colabora coas editoriais Galaxia, Xerais e Kalandraka. Actualmente é profesor na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e é un dos promotores do espazo artístico El Halcón Milenario (Vigo). Entre outros premios, ten recibido 1º Premio Nacional ás Mellores Ilustracións de Libros infantís e xuveniles en 2002 polo seu traballo na obra de Miriam Sánchez ¿Dónde perdió Luna la risa? (Kalandraka).