Protocolo para a detección da Covid-19 con test de antíxeno en saliva só para Primaria
A Dirección Xeral de Saúde Pública acaba de publicar este documento coas instrucións actualizadas para a mitigación de casos de infección. Agora non se identificarán contactos estreitos nos centros educativos, limitándose a busca de contactos a momentos nos que se identifique unha agrupación de casos.
Implántase un sistema de detección do SARS-CoV-2 no ámbito educativo de primaria proporcionando tests
de antíxeno en saliva que os/as alumnos/as poderán realizar no seu domicilio. Este sistema estará dispoñible durante un período estimado correspondente as dúas primeiras semanas da volta as aulas tras as vacacións do Nadal.
Tendo en conta o tipo de proba diagnóstica dispoñible, e a dificultade que pode supoñer a correcta toma de mostra nos/as nenos/as de menor idade, este procedemento aplicarase unicamente no ámbito da educación primaria (alumnado de 6 a 11 anos).
Máis info:
https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Informacion-Covid-centros-educativos