Playing english para o curso 2016/2017

Ingles_outback_languagesA FANPA continúa a partir de novembro co programa de formación extraescolar en inglés para Primaria e preparación dos exames de acreditación oficial do Trinity College

Clases e funcionamento

  • Clases a partir dos tres anos.
  • As clases son impartidas con dinámica de conversa, buscando por un camiño natural a aprendizaxe do idioma, sen traducións e sen tarefas para a casa co fin de non recargar os actuais estudos dos alumnos/as.
  • Para calquera aclaración, ou desexo de coñecer a evolución do/a alumno/a, así como para concertar unha entrevista coa profesora ou supervisora, poden poñerse en contacto no teléfono 673 438 597 ou 693 622 509.
  • Contamos con profesorado especializado, asesorado e supervisado pola persoa responsable do proxecto lingüístico.
  • Con este propósito, os/as alumnos/as contarán cun libro para a preparación dos exames internacionais. Terá un custo de 20€ e serán informados da súa compra unha vez que os alumnos estean adecuadamente situados no nivel correspondente.
  • A partir dos 7 anos os/as alumnos/as poderanse presentar ó exame internacional do LONDON TRINITY COLLEGE.
  • Trimestralmente os pais, nais ou titores recibirán por escrito os resultados alcanzados polo/a alumno/a.
  • A partir dos 7 anos os/as alumnos/as poderanse presentar ó exame internacional do LONDON TRINITY COLLEGE.

Inscricións

A inscrición poderá ser nos correos electrónicos: pontenglish@gmail.com ou info@outbacklanguages.com.

Custo

A cota mensual por 8 horas de clase será de 33€ para os/as socios/as de ANPA pertencentes á FANPA-PONTEVEDRA, e de 38€ para os non socios/as.Os recibos cargaranse o primeiro día laboral de cada mes. As baixas deben solicitarse con 15 días de antelación á emisión do recibo.

Máis info no folleto anexo e a partir de setembro

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2016/07/panfleto-v0.2-1.pdf”]