Informe sobre a incidencia da misoxinia e o machismo en Secundaria
Este informe deriva dunha investigación entre o alumnado e profesorado de secundaria en Galicia, realizado entre outubro de 2024 e xaneiro de 2025 feito pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso).
- Persisten estereotipos de xénero entre o alumnado. Os rapaces son vistos como fortes e agresivos, mentres que as rapazas son percibidas como fráxiles e coidadoras.
- Detectouse a presenza de actitudes machistas e misóxinas en certos sectores do alumnado.
- O estudo revela a necesidade de mellorar a educación en igualdade e a prevención de discursos de odio nas aulas.
Este estudo é un paso importante para entender e abordar o machismo nas nosas escolas. Como nais e pais, temos un papel crucial na educación en valores de igualdade e respecto.