Comunicación da resolución da mesa de contratación do ludoverán

A Comisión de Actividades da FANPA agradece a participación das empresas que concorreron á convocatoria aberta de contratación e felicita as seleccionadas nas que confiamos para o mellor servizo dos participantes.

Para dar coñecemento público da resolución, publicamos a acta da Mesa.

==Comezo da acta==


ACTA DA MESA DE CONTRATACIÓN DAS LUDOTECAS DE VERÁN 2016

Lugar: FANPA, rúa Xan Guillermo, 9
Data: 13 de maio de 2016
Hora comezo: 10:00 horas
Hora remate: 13:00 horas

Asistentes á reunión:

  • Rogelio Carballo Solla (Presidente da FANPA)
  • Francisco Freire Vila (Vogal da FANPA)
  • Miguel Ángel Sánchez Guillén (Vicepresidente da FANPA)
  • Alba Bouzón Amoedo (Coordinadora de actividades da FANPA)
  • Alba Mª González Pereira (Vicetesoureira da FANPA)
  • Xulia Arias Barada (ANPA Xunqueira I)
  • Mercedes Gude Torreira (ANPA Xunqueira II)
  • María del Mar López Fariña (ANPA A Carballeira)
  • Patricia L. (ANPA A Carballeira)
  • Inmaculada Martínez (ANPA Vilaverde)

A Xunta Directiva da FANPA publicita as bases para a contratación de Ludotecas de Verán, Campamento de inglés e campamento deportivo 2016.
As empresas que presentan propostas para o campamento deportivo son as seguintes:

  • Anias

As empresas que presentan propostas para o campamento de inglés son as seguintes:

  • Instituto interculturas
  • Anias
  • The out back languages

As empresas que presentan prospostas para as ludotecas son as seguintes:

  • Anias
  • Aurea
  • The out back languages

Orde do día:

  1. Análise e avaliación das propostas recibidas para adxudicación do servizo de ludoteca.

Deliberacións:

Comeza o proceso de avaliación coa selección do campamento deportivo, sendo a empresa seleccionada Anias, por ser a única empresa que presentou proposta e cumprir con todos os requisitos solicitados nas bases de contratación.

O segundo proceso foi o do campamento de inglés sendo a empresa con maior puntuación Instituto Interculturas.

O derradeiro proceso de selección correspóndese coas ludotecas, sendo a empresa con maior puntuación The out back languages.

As empresas seleccionadas son as seguintes:

The out back languages  Ludotecas
Anias Campamento deportivo
Instituto interculturas Campamento de inglés

A mesa verifica a integridade documental e o cumprimento dos requirimentos administrativos solicitados nas bases de contratación da proposta con maior puntuación.

Sen máis asuntos que tratar, o presidente remata a sesión e eu redacto esta acta como secretaria da mesa.

A secretaria (Alba Bouzón Amoedo)  O presidente (Rogelio Carballo Solla)
Ángel Sánchez Guillén Eva María Barreiro Lamas Alba M. González Pereira
Francisco Freire Vila    Rosa M. Couso Domínguez  María del Mar López Fariña
Xulia Arias Barada Mercedes Gude Torreira
Patricia L.  Inmaculada Martínez

==Fin da acta==

Comentarios6

Os comentarios están pechados. Xa non pode engadir novos comentarios.

  1. Tengo un niño con TEA y con Anias nunca he tenido problema y su personal es muy profesional. Pero hace 2 años con otra empresa…. horrible! Lo tenian arrinconado y me llamaban para q no lo llevara cuando la chica q se encargaba más de él no estaba. Como puedo saber q este año no me va a pasar lo mismo?

    1. Buenos días,

      Le informamos de que tanto este año como en todas las ocasiones anteriores, con independencia de la empresa a la que se adjudicaron las ludotecas, es la FANPA la responsable y encargada del funcionamiento de las ludotecas, así como de definir el perfil profesional de monitores para atención especializada.

      Si este año usted tiene alguna queja en cuanto a los cuidados que se le prestan a su hijo, lo que debe hacer es presentar sus quejas a la federación, con la finalidad de que las subsanemos lo antes posible y queden satisfechos con el servicio prestado.

      Un saludo

  2. Estou indignada. É que só importa unha mera puntuación da empresa que resulte máis económica?
    Onde está a Calidade? E que non podemos opinar os pais/nais? Onde está a experiencia demostrable desta empresa neste tipo de ludotecas? Dende logo a min Anias demostroumela con creces. Os cartos non son o máis importante cando se trata dos nosos cativos.

    1. A empresa gañadora cumpre con todos os requisitos pedidos e valorados por unha comisión composta por membros das ANPA, nais e pais. Nas mesas de contratación pode participar calquera nai ou pai a través da súa ANPA e para iso se pediron voluntarios para formar parte da comisión. Por certo, debes saber que o aspecto económico non se puntuou en ningún caso, como se pode comprobar na bases de contratación ofertadas que se poden consultar neste mesmo web publicamente.