A V edición da feira Open Science de Cambre premia a tres alumnos pontevedreses

O proxecto presentado por Pedro Sánchez e Iván Mariño e Manuel Alejandro Garrido, alumnos do IES Torrente Ballester que resultou premiado na feira Open Sciencia de Cambre que tivo lugar esta semana é froito do duro traballo durante todo o curso pasado: A linguaxe Arduino axuda ás persoas invidentes ou daltónicas.

O seu foco é un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en relación coa redución de desigualdades para persoas con distintas limitacións sensoriais. En concreto mediante a combinación de sensores de luz, distancia por ultrason e cores sobre unha base de programación en Arduino, os alumnos tutorizados pola profesora de Tecnoloxía Elena Vázquez e Miguel Casado, consegue dar avisos sobre unha luz que queda prendida, que un produto de supermercado ten unha cor específica ou que a persoa está cerca de máis doutra.

Na foto, ademais de parte dos protagonistas (de esquerda a dereita Pedro, Elena e Iván) pode verse o prototipo funcional e os medios para as probas que convenceron ao xurado. (Foto do IES TB)

Felicitamos pois, aos alumnos do Club de Ciencias do IES Torrente Ballester así coma aos seus profesores polo premio acadado neste concurso de referencia.

Ánimo ás novas promesas da ciencia!