A TVG lanza Conectad@s en familia sobre redes sociais e adolescencia
En cada capítulo do programa van participar alumnos de distintos centros públicos de Galicia expoñendo o seu punto de vista sobre diferentes temas relacionados coas novas tecnoloxías da información e da comunicación. Tamén van dar a súa opinión os pais, nais, educadores e especialistas (psicólogos, etc.).
Un dos apartados mais importantes do formato son as testemuñas de CASOS REAIS de adolescentes relacionados cos temas que detallamos a continuación:
ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO
VIDEOXOGOS
PRIMEIRO CONTACTO CO SEXO NA ADOLESCENCIA (PORNO ONLINE)
ADICIÓN A REDES SOCIAIS (TIK TOK, INSTAGRAM …)
CONTACTO CON DESCOÑECIDOS NAS REDES SOCIAIS (SEXTING)
O PAPEL DOS PROXENITORES (GRAO DE SUPERVISIÓN PARENTAL …)
COMPRAS ONLINE
XOGO ONLINE