X Edición do salón de libro infantil e xuvenil de Pontevedra

COMEZA UNHA NOVA EDICIÓN DO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Domingo 1 de febreiro, ás 11.30 horas no Pazo da Cultura

O colectivo pontevedrés Pavís-Pavós é o encargado de dirixir o espectáculo. O amor, como eixo central da programación, e Portugal, como país convidado, son os protagonistas dunha edición especial na que a escritora Fina Casalderrey será homenaxeada pola organización do Salón en nome dos colectivos educativos, sociais e culturais comprometidos neste foro de promoción da lectura.

Unha sesión de contacontos, un obradoiro infantil e un espectáculo teatral ese mesmo día, domingo 1 de febreiro, serán as primeiras actividades da X edición. É o inicio de dúas semanas de intensa actividade no Pazo da Cultura, cunha manchea de cursos, conferencias e espectáculos para todos os públicos. Asemade, as exposicións que este ano integran o Salón, entre elas, a que reúne os traballos dos escolares da bisbarra, permanecerán abertas ao público ata o vindeiro 15 de marzo, data na que se fará a clausura oficial da X edición.

Máis información na web www.salondolibro.org