Procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta

Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados.

Tendo en conta a demanda dos centros da comunidade autónoma para que se lles autorice o cambio do tipo de xornada lectiva, parece procedente establecer un procedemento que sirva de canle para que aquelas comunidades educativas que así o desexen poidan solicitar a oportuna implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá, ou ben unha xornada mixta, cun mínimo de dúas tardes á semana, no marco dun proxecto educativo contextualizado no contorno e de acordo cos requisitos que se establecen, orientados a garantir o amplo consenso da comunidade educativa por unha banda e o desenvolvemento integral do alumnado por outra, sen que tal medida supoña incremento do gasto público na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
DOGA 6/06/08