Plans de autoavaliación e mellora da calidade para o curso 2008-09

Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convoca a selección e renovación de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso 2008-2009.

No número 3º do artigo 5 asígnase á Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, entre outras, a realización das accións de avaliación xeral e de mellora do sistema educativo non universitario de Galicia, e no número 3 a) do mesmo artigo sinálase como unha das funcións do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo a elaboración e coordinación dos plans de avaliación dos centros e de mellora da calidade.

Como unha acción encamiñada a cumprir os obxectivos da LOE desde o curso 2006-2007 véñense convocando plans de mellora da calidade da educación dos centros educativos, coa finalidade de contribuír a que os centros incorporen progresivamente unha cultura de autoavaliación e mellora continua na súa organización e nos seus presupostos pedagóxicos, servíndose para isto do establecemento de plans propios xestionados de maneira autónoma.

Os resultados acadados e o grao de satisfacción dos centros participantes aconsellan propiciar a renovación destes plans naqueles centros educativos interesados en afondar no traballo emprendido, ao tempo que posibilitar a outros centros a incorporación a este tipo de iniciativa e o desenvolvemento de novos plans.

Polo exposto, esta consellería
DISPÓN:
Artigo 1º.-Obxecto, finalidade e ámbito de aplicación.

1. Esta orde ten por obxecto regular as condicións e o procedemento de participación dos centros educativos nos plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación para o curso escolar 2008-2009, coa finalidade de fomentar prácticas de avaliación interna, a identificación de puntos fortes e débiles da institución e a posta en marcha de medidas conducentes á súa optimización ou mellora.

DOG 16/04/08