Instalaións Deportivas Axudas

Remito a Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións deportivas.

Poderán ser beneficiarios do presente programa as seguintes entidades, públicas ou privadas, mentres reúnan os demais requisitos exixidos para ter tal condición.
-Concellos.
-Entidades deportivas (clubs e federacións deportivas galegas), con inscrición vixente como tales no Rexistro de Asociacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.
-Asociacións dotadas de personalidade xurídica vinculadas a centros educativos, públicos ou privados, que desenvolvan actividades formativas con alumnos con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais.

Actuacións subvencionables.

3.a) Construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións deportivas de titularidade pública ou privada. As actuacións anteriores deberán, atendendo á natureza da instalación deportiva, pretender algunha das seguintes actuacións ( Breve resume ):

As actuacións anteriores deberán, atendendo á natureza da instalación deportiva, pretender algunha das seguintes actuacións ( Breve resume ):

1. Campos de fútbol.
2. Pavillóns polideportivos.
3. Piscinas descubertas.

4. Piscinas cubertas.
5. Pistas polideportivas ao aire libre.
6. Instalacións vinculadas a deportes náuticos.
7. Outras instalacións deportivas.
3.b) Adquisición de equipamento deportivo inventariable. Poderá ser obxecto de subvención a adquisición de todo tipo de equipamento deportivo inventariable para ser destinado á práctica deportiva ou a realización de adestramentos.
Non serán obxecto de subvención as adquisicións que consistan en equipacións deportivas, balóns e pequeno material de análogas características.
Naqueles deportes en que resulte esencial para a súa práctica, sexa na fase de competición, adestramento ou para realizar traslados habituais, poderá ser obxecto de subvención a adquisición de vehículos axeitados ou de elementos complementarios a estes (remolques).

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

Pidenos a orde