EUROPOLYB. ” II Juegos Europeos de Policías y Bomberos 2008″

Do 23 ao 29 de xuño 2008 en Pontevedra.
A cidade de Pontevedra acolle por segunda vez os " II Juegos Europeos de Policías y Bomberos". A competición vai contar con máis de 2.000 participantes chegados de todas as comunidades autónomas e de outros dez países de Europa, ademais contará coa participación de Pakistán como país convidado. As corenta especialidades deportivas distintas, a maioría delas olímpicas, alternarán con exposicións relacionadas coa seguridade, exhibicions na rúa, concursos de fotografía e periodismo e incluso con unha concentración moteira. A competición aúna os valores deportivos con outros que teñen que ver coa tolerancia, a non discriminación e a convivencia dentro de un evento innovador e de calidade que conta ademais con actividades destinadas a conseguir un contacto directo cos cidadáns.
Toda a información sobre o calendario das competicións e actos que se van celebrar e as súas sedes, incluída a Carreira Asic Eternal Running, ambientada no mundo vikingo, na que poderán tomar parte todas aquelas persoas que o desexen, encóntrase na páxina web dos Xogos www.europolyb.net