equipamento audiovisual e multimedia-Axudas

Resolución do 11 de maio de 2006, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se convocan axudas a entidades sen ánimo de lucro para a adquisición de equipamento audiovisual e multimedia e para crear medios de información electrónica.
-Equipamento subvencionable e/ou creación dunha páxina web en galego na internet.

1. Só para os efectos desta convocatoria, poderán ser obxecto de axudas na modalidade A:
a) A adquisición de equipamento audiovisual, multimedia e outro de natureza análoga.
b) As adquisicións de PC, considerados como terminais interactivos e equipamentos de comunicación que permitan a conexión aos servizos da internet.
2. Só para os efectos desta convocatoria, poderán ser obxecto de axuda na modalidade B:
A creación de páxina web en galego na internet, referida á entidade solicitante e ás actividades que desenvolve, cando os contidos da web son da responsabilidade da entidade solicitante da axuda.

A páxina web deberá estar nun dominio propio cun primeiro nivel que sexa «.es» ou «.org».

3. O equipamento e/ou páxina web subvencionables terán como finalidade servir de ferramenta para que a entidade desenvolva axeitadamente as súas actividades no eido da comunicación, na modalidade A, ou que lle sirva para facer divulgación e difusión das actividades que realiza a entidade, na modalidade B.

4. Quedan excluídos destas axudas a instalación do equipamento e os gastos derivados do acceso e servizo da internet.
Poderán optar a estas subvencións as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas, que persigan finalidades de interese xeral non empresarial, dispoñan dun establecemento aberto para a realización das devanditas actividades e teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, en concellos cunha poboación de dereito igual ou inferior a 30.000 habitantes.

Aquelas entidades sen ánimo de lucro que xestionen a actividade de cineclub poderán solicitar estas axudas en todo caso.

As solicitudes deberán presentarse, segundo os modelos que figuran nos anexos, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Mais información