ENCONTRO DE ASOCIACIONS

ENCONTRO DE ASOCIACIONS
ORGANIZA A.R.XEVE
PARTICIPA  FANPAS  PONTEVEDRA
LUGAR: CAMPO DO VILAR   -FRAGOSO SAN ANDRES DE XEVE

Si traedes a comida podemos comer xuntos e participar nas actividades todos os socios das ANPAS acompañados de vosos fillos.

 

 

Domingo 31: Na carballeira anexa ó Campo de Vilar, á sombra dos carballos e da gran carpa, contaremos coas mesas e bancos do día anterior para que poidamos xantar xuntos. Haberá un polbeiro para os que queiran probar o polbo á feira. Á hora da merenda, haberá tamén degustación gratuita de empanadas de distintas feituras. Contaremos con exposicións de diferente temática que se poderán visitar durante toda a xornada.

            A partires das 10:00 da mañá, escomenzarán as actividades propias da FESTA: contaremos con: campionato infantil e alevín de futbito, seguirán xogos de auga e obradoiros para nenos. Despois de xantar teremos unha actuación do grupo de títeres “Tanxarina” que representarán a obra “Os narigudos”. Continuaremos con xogos populares e de habilidade, exhibición do grupo de baile infantil, teatro, xogo da chave, xogo da rá, petanca, ping pong, tragabolas, billar, futbolín, etc… Remataremos a festa cun serán, onde calquera afeccionad@ poderá amosar as súas habilidades coa gaita, pandeireta, canto, etc. .