Educación informa aos centros de como solicitar o ensino en galego en infantil

EUROPA PRESS
– A Consellería de Educación remitiu aos centros escolares sostidos con fondos públicos con máis dunha liña do segundo ciclo de educación infantil unha circular na que se recolle a convocatoria de accións para potencir o ensino en galego nesa etapa ao longo do curso 2006-2007. Así, poderán participar os centros educativos sostidos con fondos públicos nos que se poda cursar o segundo ciclo de educación infantil e que conten, ao menos, con dúas liñas, para que nunha delas se imparta o ensino en lingua galega.