Desamparo de menores e tendencia a cometer delitos

Dende a perspectiva que dá a criminoloxía, un grupo de fiscais de Pontevedra estuda cales son os factores que incitan aos menores a cometer delitos. Este estudo está enfocado para nos casos en que o menor está en situación de desamparo.

1. Para a gran maioría dos especialistas, os menores desamparados non presentan un comportamento de maior agresividade física ou verbal que outros menores, aínda que algúns sinalan que se se podería dar esta circunstancia en situacións de conflito.

2. Os especialistas atópanse divididos en canto a se os menores desamparados amosan o mesmo interese nos seus estudos e no seu futuro que o resto de menores. En todo caso, entenden que a diferenza de interese non é moi apreciable.

3. Son trazos de conduta comúns e definitorios dos menores en desamparo: dificultade de asumir normas, falta de habilidades sociais, problemas de autoestima, carencia de hábitos hixiénicos, desmotivación e desconfianza nos adultos.

Algúns manteñen que non se poden individualizar trazos comúns ou definitorios nestes menores.

4. Hai bastantes casos (en torno a un 25%) de menores desamparados que proveñen de familias que viven situacións de maltrato entre os seus proxenitores.

5. Hai bastantes casos de menores desamparados cuxos proxenitores cometeron actos delituosos.

6. Os especialistas, case de forma unánime, consideran que o factor que máis inflúe na educación dun menor e en que este poida ter ou non comportamentos socialmente inadecuados, é a formación que lle proporcionan os seus pais.

7. A maioría dos especialistas considera que non é equiparable a educación e formación que un menor pode recibir dos seus pais, da dun centro de protección de menores; se ben algúns matizan que depende do centro e dos seus educadores.

8. O factor que máis inflúe en que un menor poida chegar a cometer un delito é a influencia dos seus amigos e despois, a dos seus pais.

9. Os especialistas, de forma case unánime, entenden que o feito de que os proxenitores cometan delitos, fai que haxa máis posibilidades de que os fillos tamén o fagan; aínda que se deberán valorar os demais factores concorrentes. O mesmo afirman respecto da falta de coidado material e moral do menor.

10. A maioría dos especialistas consideran que un menor en situación de desamparo ten máis posibilidades de cometer delitos que os outros menores.

11. A maioría dos especialistas entenden que nos centros de protección poden existir "sociedades internas", con valores propios; pero non de modo distinto ao que acontece noutros lugares onde hai menores (colexios, escolas …).

12. Os especialistas atópanse claramente divididos en canto a se o tempo de permanencia dun menor nun centro inflúe na súa tendencia delituosa ou se no fai a idade á cal o mesmo ingresa.

Por: Lorena Alvarez Taboada, Miguel Armenteros León e Eva Calvete García, ler o estudo completo, publicado en Noticiasjurídicas.com