CONSTITUCIÓN DUNHA ASOCIACIÓN

FASE PREVIA

A.     Constituír un grupo de pais, nais ou titores(entre 5 e 12) que estean interesados en que se cree a Asociación e que constituirán a Comisión Xestora.

B.     Poñer en coñecemento da Dirección do Colexio que se van inicia-los trámites para constituí-la Asociación, explicándolle as motivacións que impulsan a idea e solicitando a súa colaboración e a do Claustro de profesores ( este paso pódese dar por medio dunha entrevista persoal ).

C.    Convovar unha asemblea de pais de alumnos para, ó tempo que se lles transmite o mesmo que se lle comunicou á Dirección, da-la posibilidade de que se integren novas persoas na comisión Xestora ou que colaboren na redacción dos estatutos

D.     Redacta-los estatutos, servíndose, se interesa, do borrador que se facilita en calquera das Federacións de Anpas existentes.

E.     Convocar unha asemblea de pais de alumnos para aproba-los estatutos.

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

F.     Hai que facer dous bloques cos mesmos documentos:

-Acta de constitución (2 copias) asignada por tódolos que integran a Comisión    Xestora, facendo consta-los seus nomes, apelidos e números do DNI.Nela deben constar, alomenos, dous acordos: crea-la Asociación, constituíndose eles en Comisión Xestora, e aproba-los estatutos.

 -Estatutos polos que se terá que rexi-la Asociación (3 copias). Mecanografados a dous espacios por ámbalas dúas caras, con marxes axeitados e sen rectificacións nin rascaduras. Neles farase consta-la mesma data que na Acta de Constitución, estarán asignados por tódolos membros da Comisión Xestora na marxe esquerda de tódalas follas e deixarase ó empezo e ó remate espazo dabondo para que coloque o visado do Rexistro.

Estes bloques de documentos, acompañados das correspondentes instancias por duplicado, enviaranse:

-Un, ó Delegado Provincial da Consellería de Xustiza e Interior, para a súa legalización

-E outro, ó Delgado Provincial da Consellería de Educación de Educación, para a inclusión no censo.

                                                           (artº6 da Orde do 16 de xaneiro de 1987)

 

LEGALIZACIÓN E INICIO DE ACTIVIDADES

G.     Feita a presentación da documentación, a Comisión Xestora pode actuar asumindo as funcións que os estatutos lle asigna á Xunta Directiva.

H.     A inclusión no censo da Consellería non ten porque ser comunicada a Asociación. Darase por feita se en dous meses non se recibe ningunha comunicación en contra.

I.      Axiña que cheguen os estatutos legalizados pola Consellería de Xustiza e Interior, convoca-la primeira Asemblea Extraordinaria da Asociación para nomea-la Xunta Directiva, establece-la contía da cota e aproba-lo plan de actuacións