campamentos de verán

A Oficina Municipal de información Xuvenil do Concello de Pontevedra, comunica que ata o 23 de maio está aberto o prazo de solicitudes de prazas para o “Campamento de Verán”organizado pola Deputación de Pontevedra no Centro de Vacacións de A Lanzada para os nenos/as de 8 a 13 anos deste concello.

 As datas de celebración do campamento divídese en seis turnos : do 29 de xuño ao 8 de xullo, do 10 ao 19 de xullo, do 21 de xullo ao 30 de xullo, do 1 ao 10 de agosto, do 12 ao 21 de agosto e do 23 de agosto ao 1 de setembro.

 O prezo da actividade é de 92,41 €.

 Pódese recoller a ficha de solicitude de praza na OMIX situada no edificio municipal “Casa Azul”, r/ Sor Lucía 3º andar. Tel. 986 840 522.