CAMBIO DA DATA NO COBRO DA COTA DA FANPA

A TODAS AS ANPA FEDERADAS

Desde FANPA PONTEVEDRA queremos comunicarlles o acordo tomado na reunión de Xunta Directiva do día 20/09/2008, onde se decidiu cambiar a data de cobro da cota de asociado, que ata o de agora facíase no primeiro trimestre do ano. Para unha mellor xestión desta Federación, a partir deste curso  o cobro da cota  farase no mes de novembro para todas as ANPA que teñan o recibo domiciliado, as que fagan o pago a través de ingreso bancario terán como data límite 15/12/2008.

Nº CONTA FANPA

2080.0403.54.0040102984 de CAIXANOVA

Recordalles que esta cota é a correspondente o curso 2008/09, se teñen algunha variación no seu centro que supoña un cambio da citada cota ou teñen algunha outra dúbida comuníqueno a maior brevidade posíbel en calquera dos contactos que aparecen a pé de páxina