Actividades extraescolares 2008/09

FANPA Pontevedra está traballando nunha iniciativa para mellorar as condicións das “ actividades extraescolares” para o vindeiro curso 2008/09, tratando así de paliar a ilegalidade na que se incorría debido a escaseza económica das nosas ANPA e arriscándonos a moitos problemas, xa que é sabido que os seguros contratados polas ANPA non se fan cargo de ningún incidente sucedido nunha actividade onde a persoa que a imparte non está baixo un contrato laboral.
Por tal motivo estamos en contacto con varias empresas que ofertan actividades extraescolares para entre todos chegar o mellor acordo posíbel para beneficiar as ANPA.
Para todos os interesados haberá unha reunión o vindeiro venres 13/06/08 ás 19:00 horas na oficina da FANPA, de non poder asistir e estar interesados pregamos se poñan en contacto con nós para informalos da citada proposta.