Actividade Río de Luces

NOITES ABERTAS 2008

ACTIVIDADE

“Río de Luces”
(papiroflexia + camiñada nocturna + chocolatada final)

Descrición: Elaboración de barcos de papel cun monitor especializado en Papiroflexia, e posterior botadura dos mesmos cunha candea cada un e “seguimento” dos barcos polas marxes do río. Elaboración doutros deseños relacionados coa vida do río (peixes, paxaros, bolboretas, etc, dende o lugar da fonte dos Pasales (estación de autobuses) ata a rúa Alcalde Hevia.

Monitor: José Francisco Garrido experto en Papiroflexia, e 2 membros da Asociación Vaipolorío.
Lugar: fronte a estación de autobuses de Pontevedra.
Hora: 21.00 h.
Destinatarios/as: público en xeral, de 12 a 30 anos (menores de idade acompañados de seus pais, nais ou titores legais).
Prazas: 25
Día: 30 de maio de 2008.
Reservas: na Concellaría de Xuventude do concello de Pontevedra.
Teléfono 986 840 367.( de 9h a 14h )
Mais información : 676.842.942 ( vaipolorio)