Xornada de formación para xuntas directivas 2020

Tal como informamos a finais do ano pasado, o vindeiro sábado 1 de febreiro, convocamos unha nova edición do curso de formación para Xuntas Directivas de ANPA centrado nos aspectos económicos: conta, orzamentos, subvencións, responsabilidades, documentación fiscal e os aspectos organizativos, legais  das ANPA e de participación na xestión dos centros educativos públicos.

Temática:

– aspectos económicos da xestión da túa ANPA

– aspectos administrativos e sociais

Datas

A xornada terá lugar o día 1 de febreiro de 2020, sábado, en Redondela co fin de achegar a participación rotativamente ás distintas zonas próximas aos asociados. Será partir das 10.00 horas e ata as 14.00 horas cun breve período de descanso a media mañá e quenda de consultas particulares ao final.

Como remate da xornada,  teremos un momento para a convivencia e intercambio de experiencias nun local que se vos comunicará onde FANPA ofrecerá  un pincho a todos os participantes.

 

Lugar

Centro Multiuso de Redondela

icon-car.png
Centro Multiusos de Redondela

cargando mapa - por favor, espere...

Centro Multiusos de Redondela 42.282843, -8.610009

Xa podedes inscribirvos no formulario ao pé desta nota.

Obxectivo e contido dos aspectos económicos (suxeito a modificacións)

PROPORCIONAR COÑECEMENTOS BÁSICOS DE FORMA CLARA E SINXELA QUE PROPORCIONEN UNHA AXUDA NO ÁMBITO DA XESTIÓN ECONÓMICA DAS ANPAS

1.    Obrigas contables:

a. A obriga xenérica de ter contabilidade: como afecta a un ANPA?.

b. Breve introdución ao plan contable adaptado para entidades sen fins de lucro.

2.    Obrigas fiscais:

a. Obrigas informativas: Declaracións censuais e de operacións con terceiros.

b. Obrigas impositivas: Imposto de sociedades, IVE, IRPF.

c. Obrigas de facturación.

d. Casos prácticos e consultas tributarias.

3.    Exemplo global dun ANPA: contabilidade e fiscalidade.

Relator

Miguel Barbosa
Algalia, Servizos para o Terceiro Sector. Formación

Obxectivo e contido dos aspectos administrativos e sociais

– Réxime de Asociacións.
– Finalidades.
– Dereitos
– Convocatorias e reunións.
– “Libros” obrigatorios.
– Actividades extraescolares.
– Participación: Consellos Escolares.

Relatora

Nuria Martínez Pigueiras (secretaría técnica de CONFAPA-GALICIA)

– Xestión da protección de datos nas ANPA
– Certificación dixital para a xestión da asociación

Relator

Antón Méixome (Xestión de FANPA Pontevedra)

 

Para o mellor aproveitamento da xornada entregarase apoio documental

Inscrición

Un por liña...
Correo electrónico para contacto posterior