Propostas para participar desde a casa do Concello de Pontevedra

ENREGUÉIFATE

https://i0.wp.com/enregueifate.gal/wp-content/uploads/2020/03/LOGOTIPO_2020-184x300.png?resize=184%2C300&ssl=1Comeza Enreguéifate, un proxecto impulsado polos concellos de Pontevedra, Ames, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Tedes toda a información no web  www.enregueifate.gal  

Enreguéifate componse dun concurso no que xa podedes participar e doutros eventos que temos en suspenso ata vermos cando se resolve a alerta sanitaria. O prazo para enviardes vídeos regueifando xa está aberto; tedes toda a información na páxina https://enregueifate.gal/edicion-2020/ Aí tamén podedes ver un vídeo no que se explica como regueifar desde a casa e como gravar o vídeo a través de Skype ou Zoom. Nas redes podedes atopar a información para aprender a construír coplas, como neste vídeo. E aquí tedes acceso a unha unidade didáctica sobre a regueifa: https://enregueifate.gal/wp-content/uploads/2019/03/Unidade-did%C3%A1ctica-regueifa.pdf?fbclid=IwAR0ONbjSZ-wG-8qOrw7ddkxNCSgEkf-79yobpNa3PJVhHLpwHHEu0KQIiYY.

BEN VEÑAS, MAIO

Se coñecedes mozas e mozos que estuden ESO, bacharelato ou ciclos formativos nalgún dos centros públicos do concello de Pontevedra, animádeos a participar. Segue aberto o prazo para presentar traballos nos certames de videoclips musicais, música, curtametraxes, fotografía, banda deseñada, narración curta e poesía.

Toda a información está en http://snl.pontevedra.gal/arranca-unha-nova-edicion-ben-venas-maio/

Tamén vos achegamos información doutras actividades arredor da improvisación oral que xorden nas redes e que vos poden interesar:

CURSO EN LIÑA DE IMPROVISACIÓN EN VERSO EN LINGUA GALEGA

Comeza un curso en liña arredor da improvisación en verso en lingua galega; está organizado e impartido por Alba María, regueifeira e improvisadora.

Neste curso aprenderanse as bases para a improvisación en galego, tocando xéneros diferentes como a regueifa, o rap, a décima ou a canción improvisada.

O curso farase en grupos moi reducidos de 3 ou 4 persoas a través de Skype. As clases duran unha hora e danse os venres. O custo é de 10 € por clase, mais é un prezo flexible dependendo da situacións e circunstancias (consultade por privado con Alba María). A duración do curso será ata que acabe a corentena, e a partir poderá ser presencial.

Toda a información e inscricións a través do correo electrónico: albama.rodriguez@gmail.com

RETOS PARA IMPROVISAR EN GALEGO NAS REDES

Por unha banda,  a regueifesta promociona a saúde e a regueifa a través do cancelo #regueifing, un reto que anima ás persoas a subir un vídeo regueifando mentres corren en estático, arredor do que está acontecendo e de como están vivindo a corentena.

Por outra banda,  nace a conta @ceibarimas para promocionar a improvisación rapeada en galego. Esta conta comeza a súa andaina lanzando un reto para encher as redes de improvisación e freestyle en galego. Podedes ver os vídeos que están a subir e a través da súa conta de instagram.