Facer modificación de estatutos

Toda asociación que modifique os seus datos identificativos ou os seus estatutos deberá comunicalo ao Rexistro (central ou provincial) no que figure inscrita, ambos dependentes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para que proceda á súa inscrición no Rexistro de Asociacións.

  • Modificación dos datos
  • Solicitude normalizada Solicitude
  • CIF da asociación
  • Acta da Asemblea Xeral pola que se acorda a modificación ou certicado do secretario co visto e prace do presidente da asociación, coa data na que se acordou a modificación. Modelo certificado
  • 2 exemplares orixinais dos novos estatutos asinados polos membros da Xunta Directiva en tódalas páxinas, con dilixencia ao final do documento na que conste que quedaron redactados coa inclusión das modificacións acordadas na asemblea xeral, ou de acordo co procedemento establecido nos estatutos, indicando a data na que se adoptou a modificación..

Salvo que se modifique unicamente o domicilio, os demais cambios obrigan a presentar o texto íntegro dos estatutos coas modificacións efectuadas.

  • Certificado da composición da Xunta Directiva, se existisen cambios en relación coa inscrita, cos datos de identidade e NIF dos representantes da asociación, sinaturas e, se é o caso, as dos membros saíntes.
  • Xustificante de aboamento da taxa correspondente. Taxas_Rexistro_Asociacions-1-3.pdf

Modificación de domicilio
Se a modificación de datos da asociación, afecta unicamente ao domicilio, deberán presentar a mesma documentación prevista para a modificación dos estatutos, salvo o texto íntegro destes, isto é,

  • Solicitude normalizada
  • 2 exemplares da acta de reunión do órgano competente ou certificado extendido polo secretario co visto e prace do presidente da entidade, polo que se acorda o cambio de domicilio, na que consten os datos do novo domicilio social.
  • Documentación acreditativa de que se conta coa conformidade de que obstenta a representación ou titularidade do centro ou establecemento designado como domicilio social da entidade para a súa utilización a tal fin (no caso de inscrición de cambio de domicilio social)
  • Xustificante de pago da taxa correspondente

Onde acudir

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
R/ Fernández Ladreda nº 43-andar 9º
36003  PONTEVEDRA
Teléfono: 986805312 Fax: 986805299

Normativa