RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

Artigo 1. Obxecto O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave. Así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade. Artigo 2. Competencias clave que se convocan 1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave: • Comunicación en Lingua Galega. • Comunicación en Lingua Castelá. • Comunicación en Lingua Estranxeira (inglés). • Competencia Matemática. [ DOGA Nº 51->http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150316/AnuncioCA05-050315-0008_gl.html]