RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2015 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2015/16.

Artigo 1. Obxecto A presente resolución ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2015/16. Artigo 2. Requisitos para ser adxudicatario/a 1. Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicatario ou adxudicataria de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais: a) Que o neno ou a nena teña a súa residencia en Galicia e xa nacese no momento de presentación da solicitude. b) Idade do neno ou da nena: – Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso. – Non ter feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2015. [DOG Nº 36 ->http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150223/AnuncioG0379-170215-1_gl.html]