ORDE do 8 de maio de 2025 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2025/26 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Inicio do curso 2025-26

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, primeiros cursos de ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior da formación profesional e nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde o día 8 de setembro de 2025 ata o 19 de xuño de 2026, ambos incluídos.

Nos segundos cursos dos ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior da formación profesional, as actividades lectivas realizaranse desde o día 8 de setembro de 2025 ata o 15 de xuño de 2026, ambos incluídos.

No segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das clases rematará de acordo coas datas previstas da Proba de Acceso á Universidade (en diante, PAU).

2. No caso das ensinanzas de réxime especial, poderá flexibilizarse o inicio das actividades lectivas tendo en conta as características e particularidades deste tipo de ensinanzas. En calquera caso, as actividades lectivas deberán ter comezado o día 15 de setembro de 2025. A impartición efectiva das clases rematará de acordo cos calendarios de final de curso e probas de acceso e/ou certificación, que deberán ser autorizados pola dirección territorial correspondente, logo de solicitude por parte das direccións dos centros con anterioridade ao día 30 de abril de 2026.

Orixe: DOG 92 do 15/5/2025 – ORDE do 8 de maio de 2025 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2025/26 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Comentarios0

Deixa unha resposta