ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

1. Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

9. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

10. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro»

 

Orixe: Orde do DOG nº 256 do 2020/12/22 – Xunta de Galicia