ORDE do 13 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2020/21 (código de procedemento ED601A).

Axudas económicas destinadas ás asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparten os niveis de ensino básico obrigatorio e/ou segundo ciclo de educación infantil.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta orde no Diario Oficial de Galicia.

Orixe: Orde do DOG nº 164 do 2021/8/26 – Xunta de Galicia