Eleccións a consellos escolares en breve

A día de hoxe, xa están constituídos as distintas xuntas electorais antes as que as nais e pais candidatos deben presentar as súas candidaturas durante 7 días. A concreción dos días depende, pois de cada centro.

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar realizaranse entre os días 26 e 30 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos. Non obstante, co fin de fomentar a participación de todos os sectores implicados, é desexable que, dentro das posibilidades de cada centro, a xunta electoral fixe unha única data para as votacións correspondentes, de acordo co procedemento establecido.

 

Consello escolar

 

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181008/AnuncioG0164-011018-0002_gl.html

 

Nota: a imaxe de ilustración é libre, como todo o que publicamos

CC-BY-SA