Calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos
Segundo. Calendario de eleccións para a renovación parcial dos consellos escolares
1. As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse entre os días 18 e 22 de novembro de 2024, ambos os dous incluídos. A Xunta Electoral, co fin de que todos os sectores implicados poidan participar, establecerá un calendario para as votacións correspondentes.
2. A Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, constituirase entre os días 22 e 28 de ou-
tubro de 2024, ambos os dous incluídos.
3. De conformidade co establecido no artigo 31.b) do Decreto 92/1988, do 28 de abril, é competencia da Xunta Electoral concretar o calendario electoral. As xuntas electorais terán presente, en todo caso, que o prazo de admisión de candidatos non deberá ser inferior a sete días naturais.
4. Os centros que comezaron o seu funcionamento no curso 2022/23 e no curso 2023/24 levarán a cabo a primeira renovación do Consello Escolar prevista na lexislación vixente, de acordo co calendario xeral previsto nesta mesma epígrafe
Orixe: Resolución DOG Mércores, 18 de setembro de 2024 – AnuncioG0761-110924-0004_gl.pdf
Comentarios0