Xornadas formativas para nais e pais en San Simón

Día 25 de outubro de 2025. Illa de San Simón
Inscrición pechada
PROGRAMACIÓN DA XORNADA:
Aparcamento suxerido
(Prégase puntualidade debido ao transporte en catamarán ata a illa)
10:00 Saída do peirao do Museo Meirande (Rande)
10:30 Recollida de documentación
11:00 – 12:00 “Creatividade e desenvolvemento infantil”. Charla inpartida por Patricia García, profesora, psicopedagoga e fundadora de Trazos Class. Nominada ós Premios EDUCA ABANCA 2021.
12:30 – 13:30 Primeiros auxilios con menores. RCP. Impartida por Cruz Vermella.
14:00 – 16:00 Xantar (a cargo da organización)
16:00 – 17:00 Visita exposición de xoguetes antigos,“Xogar a respectar”.
17:00-17:45 visita libre da contorna.
18:00 Saída do peirao da illa e regreso ao Museo Meirande (Rande)
INSCRICIÓNS:
Do 10 ao 23 de outubro, enviando un correo electrónico a actividades@nontedurmas.org no que deberán indicar os seguintes datos:
- nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto, documentación que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA,
- indicación de se presenta algunha alerxia alimentaria, e copia do xustificante de realizar o ingreso de pago.
- Indicar se se acude con menores (poñer as idades e alerxias alimentarias)
CONTAMOS CON SERVICIO DE GARDA E CUSTODIA PARA OS MENORES.
Non se admitirán solicitudes fóra dese tramo nin documentación por separado.
PREZOS:
5€ por persoa Socios/as de ANPA federada na FANPA e 10€ por persoa para os demais casos.
O pago da cantidade correspondente realizarase no momento da inscrición mediante transferencia bancaria no número de conta: ES75 2080 5403 4130 4012 0558, poñendo como concepto “Nome da persoa solicitante” e “Xornadas Formativas 2025”.
Non se contempla a devolución da contía, salvo por causa xustificada e acreditada documentalmente (enfermidade). Aquelas persoas que se ausenten sen xustificación, terán penalización para as vindeiras actividades.
ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes, a orde de adxudicación será primeiro os socios/as de ANPA Federada na FANPA e despois por orde de inscrición.
Máis información: 986858605
Debe estar conectado para enviar un comentario.