Xornadas dirixidas a pais/nais

XORNADAS DA UTILIDADE E PERIGO NO USO DAS TICS POLO ALUMNADO

A finalidade destas Xornadas informativas e explicar aos pais/nais/titores as novas posibilidades aportadas polas TICs á educación, os riscos que estas poidan supoñer no alumnado e os aspectos que deban ter en conta os pais, nais e titores á hora de permitir ós seus fillos o seu uso para poder evitalos, con foros de debate entre os participantes para fomentar o intercambio de opinións e experiencias en dito ámbito.
Obxectivos.
Dotar ós pais, nais e titores legais do alumnado dun espazo de encontro e aprendizaxe onde, a través de intercambio de experiencias e a reflexión colectiva sobre cuestións relacionadas coa educación dos fillos e fillas, os pais , nais e titores poidan desenvolver estratexias adecuadas que faciliten a súa laboura como educadores no ámbito familiar, social e escolar nun novo contexto educativo mediado polas novas tecnoloxías da información e comunicación.

Contidos:
A educación no século XXI : innovacións das novas tecnoloxías da información e comunicación.
Requisitos para a innovación tecnolóxica.
Novas vías de ensinar e aprender mediante as TICs
Os riscos do uso das TICs polo alumnado
Facetas a ter en conta por pais, nais e titores no uso das TICs polos seus fillos/as.
 

XORNADA PARA PAIS E NAIS SOBRE MEDIACIÓN : NOVAS FORMAS DE CONVIVENCIA

Traballarase a mediación, as súas características principais, en que conflitos pode practicarse, quen pode ser mediador/a e que condicións son necesarias para levalas a cabo nunhas xornadas explicativas nas que se abrirá un foro de debate entre pais, nais e titores  para fomentar o intercambio de opinións e experiencias en dito ámbito.

Obxectivos.
Exercitar habilidades comunicacionais que promovan a resolución de conflitos entre pais/nais e fillos/as adolescentes.
Contidos:
Adolescentes : algunhas características dos/as nosos/as xoves.
Principais conflitos entre pais, nais e fillos/as adolescentes.
A confianza como recurso para unha boa comunicación.
Acordos e desacordos entre pais, nais  e fillos/as.
Control versus autoridade.
A negociación: unha forma positiva de resolver conflitos

OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA A PREVENCIÓN DO ABSENTISMO ESCOLAR PARA PAIS, NAIS OU TITORES DO ALUMNADO

 

Afondarase nas distintas opcións que aporta o sistema educativo e abrirase un foro de  debate  para fomentar o intercambio de opinións e experiencias en dito ámbito.

Obxectivos.

Guiar ós pais, nais ou titores, para que saiban orientar ós seus fillos e fillas nas posibilidades das diferentes vías do sistema educativo actual.

Evitar que os rapaces e rapazas adopten vías educativas que os pais , nais ou titores non poidan afrontar por problemas económicos, sociais ou laborais.

Informar ós pais , nais ou titores sobre as saídas de emprego público e privado, ben por conta propia ou allea, que poidan adoptar os alumnos/as.

Evitar a “desinformación” ou enganos por parte do alumnado a pais, nais ou titores, á hora de continuar os seus estudos.

 

Contidos:

As diferentes opcións que aporta o sistema educativo actual: ciclos formativos, bacharelato, sistema universitario, postgraos, masters, doctorados, titulacións específicas…

As becas, subvencións e axudas estatais, autonómicas ou locais para a continuación de estudos.

Mellora e ampliación da formación: os cursos de formación .

Emprego público e as oposición.

INSCRICIÓN: os días 5,6 e 7 de outubro

A través do teléfono da FANPA:986 843 412 en horario de 10-13 h,.ou na oficina da FANPA, na rúa Alfonso XIII, núm. 7 3.º andar (antigo Conservatorio).

Tríptico informativo