Clases de lingua española para pais/nais inmigrantes

O  sector educativo ten que  responder ás  novas necesidades demandadas polos novos concidadáns/as que proceden de universos lingüísticos e culturais diferentes. A aprendizaxe do español para os pais/nais é un elemento clave para facilitar a comunicación coa comunidade educativa, é dicir, unha ferramenta de integración socio-educativa que axudará a desenvolver unha mellor relación entre o ámbito escolar e o familiar.

 Destinatarios:

Pais/nais/titores dos centros educativos do concello de Pontevedra.

Temporalización:

15, 16, 22 e 23 de outubro; 6, 13, 20, 27 novembro; e 11 de decembro.

Horario de actividade:

Os venres 15 e 22 de outubro de 19 a 21 h; os sábados 16 e 23 de outubro; 6,13,20,27 novembro e 11 de decembro de 10 a 12 h.

Inscrición: no teléfono da FANPA 986 843 412 ou na oficina na Rúa Alfonso XIII nº7 – 3º andar. Os días 5,6 e 7 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 hrs.

Lugar de realización: Pazo de Cultura

Tríptico informativo