Programa de estimulación mental con ábaco curso 2018/2019
Estimulación mental con ábaco.
NeuromotivaNENOS para Educación Primaria e Secundaria
É un novo concepto no ámbito da estimulación cognitiva. Chamada ximnasia ou fitness mental utiliza como ferramenta o ábaco e outras actividades complementarias que potencian a exercitación de diversas capacidades que axudan a:
- Mellorar a concentración e a atención
- Estimular a memoria auditiva e visual
- Desenvolver a destreza do cálculo mental
- Establecer unha base sólida para o logro académico
- Aumentar a autoconfianza
- Estimular todas as canles de aprendizaxe: visual-auditivo-kinestésico.
- Fomentar o interese e a motivación de logro.
Facendo ao alumno partícipe directo do seu propio proceso de adestramento ata que alcance o formato natural e apropiado do seu pensamento e iso lévelle a poder aprender o que queira en calquera momento e situación aproveitando ao máximo o seu potencial intelectual.
| NEUROMOTIVA CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO | |||
| CENTRO NO QUE SE DESENVOLVE | DÍAS | DESTINATARIOS | HORARIO |
| CAMPOLONGO | MARTES E XOVES | PRIMARIA | 16:30 a 17:30 |
| MARTES E XOVES | PRIMARIA | 17:30 a 18:30 | |
| ÁLVAREZ LIMESES | LUNS E VENRES | PRIMARIA | 16:30 a 17:30 |
| LUNS E VENRES | PRIMARIA | 17:30 a 18:30 | |
| BARCELOS | MÉRCORES | PRIMARIA | 16:30 a 18:30 |
NeuromotivaPEKES para Educación Infantil.
É unha actividade que potencia a estimulación cognitiva e sensorial a través de diferentes actividades (xogos, cancións, exercicios e actividades co ábaco fundamentalmente), que facilitan:
- A estimulación do xogo ordenado e preciso co ábaco escolar para adestrar a atención e promover a creatividade.
- A estimular todas as canles de aprendizaxe: visual-auditivo-kinestésico.
- O fomento do interese e a motivación de logro
| NEUROMOTIVA CÁLCULO MENTAL PREÁBACO | |||
| CENTRO NO QUE SE DESENVOLVE | DÍAS | DESTINATARIOS | HORARIO |
| BARCELOS | MÉRCORES | E. Infantil | 17:30 a 18:30 |
| EEI CRESPO RIVAS | MÉRCORES | E. Infantil | 16:30 a 17:30 |
Información e contacto
FANPA Pontevedra r/ Xan Guillerme 9, 986 843 412 ou no e-mail actividades@nontedurmas.org
ANIAS: r/ Echegaray 39, 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail extraescolares@anias.es
Táboa de prezos do Programa Neuromotiva
| Alumnos | Prezo ANPAS federadas | Prezo ANPAS non federadas |
| De E. Primaria e ESO | 40€ | 45€ |
| De E. Infantil | 20€ | 25€ |
Custo do material por curso 30€