Preparación das probas de nivel de inglés con Global Project
PREPARACIÓN DAS PROBAS DE INGLÉS DA UNIVERSIDADE DE CAMBRIDGE
Neste curso retomamos a colaboración con Global Project, empresa recoñecida pola Universidade de Cambridge, como formadora oficial para a preparación dos seus exames de nivel de inglés.
OBXECTIVO: preparar aos nosos mozos para que obteñan os correspondentes certificados de recoñecemento internacional da Universidade de Cambridge, o que lles abrirá as portas a unha educación de
alto nivel.
PROFESORADO: o profesorado encargado desta preparación é de nivel nativo, con experiencia nas preparacións destes exames e alto nivel de
aprobados nos seus grupos.
CONTIDOS: programación adaptada ás diferentes probas de nivel. Refórzanse e practican as estruturas fundamentais: Writing (escribir), Speaking (falar), Reading (ler), e Listening (escoitar). Ademais, “prácticas de exames reais” para que @s nen@s se familiaricen cos mesmos.
Dedicación mínima recomendada, 2 horas á semana. Establécese a seguinte estrutura (curso escolar orientativo – realizaranse probas de nivel iniciais):
• Nivel A2 KET
• Nivel B1: PET
• Nivel B2: FCE
• Nivel C1: CAE
ORGANIZACIÓN XERAL
O número mínimo de alumn@s en cada grupo é 8 e máximo 16. Para un número inferior a tarifa pode sufrir algún cambio. Cada grupo está ao cargo dun profesor de nivel nativo que impartirá as clases e preocuparase pola evolución de cada alumn@. Os profesores son excelentes profesionais con grande experiencia no ensino d@s nen@s.
Ademais:
Global Project asignará un coordinador en permanente contacto con FANPA e os profesores para garantir a boa marcha dos cursos.
Cuadrimestralmente entregarase aos nenos un completo informe sobre a súa evolución mais as recomendacións ao exame.
En caso de enfermidade ou baixa dalgún dos profesores, Global Project procurará cubrir as clases cun profesor substituto.
TARIFAS E HORARIOS
KET, PET Y FCE:
Soci@s FANPA: 50 €/ mes, 60€/mes, non soci@s
CAE:
Soci@s FANPA: 60€/ mes (máximo de 7 alumn@s) // 56€/ mes (máis de 7)
Non soci@s: 68€/ mes – 62€/ mes
HORARIO: venres de 16:30 a 18:30
LUGAR: IES VALLE INCLÁN.
**Para máis información sobre os cursos e a situación das aulas, poden chamar aos teléfonos de contacto:
FANPA: 986 843 412 /Global Project: 986 220 670, ou a través do email: info@globalprojectformacion.com
Asunto: FANPA.