LUDOTECAS DE SEMANA SANTA
Nota: entre o luns e o mércores faranse o cargo de todas as cotas, se non vos aparece cargado non vos preocupedes.
O luns levade unha merenda habitual para os/as nenos/as como levan para o cole, unha botelliña de auga e se fixese calor gorra/proteccións solar.
Días: 14, 15 e 16 de abril
Horario: de 9:00 a 14:00 horas
Lugares: CEIP Campolongo e no CEIP Manuel Vidal Portela.
CONDICIÓNS DE ACCESO
-
Nenos/as de entre 3 e 12 anos de idade.
-
Cursar estudos nun centro do concello de Pontevedra ou estar empadroado no concello de Pontevedra.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A orde de adxudicación de prazas será a seguinte:
-
1º Nenos/as que estuden nun centro público e sexan membros de ANPA federada.
-
2º Nenos/as que estuden nun centro público e non sexan membros da ANPA, ou a ANPA non estea federada.
-
3º Nenos/as que estuden nun centro concertado ou privado de Pontevedra.
-
4º Nenos/as que estuden fóra do concello de Pontevedra e estean empadroados en Pontevedra.